Sunday 28 de April de 2024

Prazas e rúas de Santa Cruz acollen 10 actuacións da Escola Municipal de Música este domingo


O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 10 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 11, entre as 11:00 e as 21:00 horas.

O itinerario de actuacións comezará ás 11.00 horas no Monumento aos Emigrantes. O concerto da Banda Municipal está prevista para as 13:00 horas no Parque Luís Seoane; a actuación conxunta da Orquestra Sinfónica, a Escola Municipal de Danza, os coros e La Tremenda Tremolina será ás 19:30 horas na praza Esther Pita. A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas na praza do Castelo.

Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.